CINBIO

O CINBIO é un centro de investigación formado por 200 persoas: profesores/as, doutores/as, estudantes de doutoramento e técnicos/as de laboratorio. Unha aposta da Universidade de Vigo para desenvolver o ámbito biomédico e biotecnolóxico cun elemento diferencial respecto doutros centros de similares características: a súa multidisciplinariedade. Contamos con investigadores e investigadoras do máis alto nivel en distintas áreas de coñecemento: Bioloxía, Química, Física, Medicina, Matemáticas, Informática.

LIÑAS DE INVESTIGACIÓN:

Investígase o funcionamento dos xenes e doutras moléculas celulares, e mecanismos que activan ou desactivan enfermidades, para recoller métodos de diagnóstico e tratamento.

Realízanse investigacións relacionadas coa nutrición e co deporte; o microbioma (coa obtención de antioxidantes e o desenvolvemento de prebióticos), as bacterias e os axentes terapéuticos.

As investigacións sobre materiais a nanoescala xiran arredor da nanocatálise, biosensores, nanofotónica, nanomagnetismo e nanovacinas.

Analízanse datos para realizar modelos preditivos e para a súa posterior inferencia no campo da biomedicina, así como o uso de software para o tratamento destes datos. 

CINBIO PLAY

Con motivo da semana da Ciencia 2021, o CINBIO organiza unha serie de eventos englobados no proxecto “Ciencia con C de CINBIO”. Entre as distintas actividades destacamos este xogo tipo trivial dirixido, fundamentalmente, á xuventude. Estamos nun momento de cambio no que debemos fomentar o interese pola ciencia e a investigación, por iso, con este xogo buscamos achegar á mocidade: a ciencia, a investigación e o labor investigador que leva a cabo o CINBIO. Unha iniciativa diferente co obxectivo fundamental de espertar vocacións científicas e poñer en valor a ciencia e a investigación na sociedade.

CINBIO PLAY

Estos xogos están compostos por 3 niveis para que poñades a proba o voso coñecemento científico. Cada un deles consta de 3 bloques de contido relacionados cos laboratorios do CINBIO. 

Fai clic nas iconas do nivel que queiras xogar para acceder. Atoparalos despois desta sección.

Se superas as preguntas correctamente sen trabucarte accederás ao «nivel bonus»! Unha experiencia en Realidade Aumentada na que terás que atopar os ítems para poder completar o xogo.

GRADUADO/A EN CIENCIA

CIENTÍFICO/A PREDOUTORAL

DOUTOR/A